26 octubre 2014

Cineclube do Liceo Mutante: O Samurai



samurai
samurai.png2
samurai.png2.png3

Mércores 29 ás 21.00

Esta semana no Cineclube máis molón de Mollabao proxectaremos o filme O Samurai de Jean Pierre Melville.

O Samurai (Le Samouraï, Jean Pierre Melville, 1967, Francia-Italia, 105′,VOSE)

Coñecida no estado como O silencio dun home, O Samurai conta a historia de Jef Costello, un asasino a soldo dos que xa non quedan. A súa vida está rexida pola vella escola e nela priman o código da honra e o silencio.

Entrada de balde