9 junio 2013

Cineclube do Liceo Mutante: Obxecto misterioso ao mediodía



Mércores 12 ás 21.00
Esta semana para pechar o ciclo de proxeccións no interior proxectaremos o filme do director tailandés Apichatpong Weerasethakul: Obxecto misterioso ao mediodía (Dokfa nai meuman, Apichatpong WeerasethakuL, Tailandia, 2000, 83′,VOSE)

«En Obxecto misterioso ao mediodía o realizador fai unha viaxe de norte a sur do territorio para recoller achegas que fagan avanzar a historia ficticia que a axudante do vendedor ambulante propón, unha sorte de cadáver exquisito filmado. A historia comeza cun rapaz minusválido e a súa mestra particular, mentres ambos os dous charlan animadamente durante a clase, subitamente ela desmáiase e expulsa do seu corpo un estraño obxecto, situación ante a cal o rapaz non sabe que facer. Este simple esquema dramático dá pé a que o director vaia polos pobos e cidades de Thailandia, preguntando como podería continuar a historia, conseguindo unha sucesión delirante de xiros narrativos. Este relato da mestra, o neno minusválido e o misterioso obxecto é a cara máis palpable da película pero a menos lexible, o texto inevitablemente convértese en pretexto delegando á busca o peso da significación por que a viaxe e o encontro con estes accidentais dramaturgos é o substancial e o xogo de completar a historia é o dispositivo que lle permite conseguir que unha película aparentemente extraviada sexa finalmente un reflexo auténtico do imaxinario popular tailandés.»

Tirado de http://www.blogsandocs.com/?p=214

Entrada de balde