Xoves 20 de abril ás 21.00
Neste mes de abril no Cineclube do Liceo proxectaremos o filme de Jacques Panijel «Octobre à Paris»
Octobre à Paris (J. Panijel, 1962, Francia, 70′, VOSE)
17 de outubro de 1961. A Guerra en Alxeria está en curso. En París, os alxerinos saen a rúa para protestar contra o toque de queda. A Fronte de Liberación Nacional alxerino (FLN), entón o inimigo número uno do Estado francés, é o convocante da manifestación. Os manifestantes son perseguidos, a atmosfera cárgase de tensión e unha manifestación pacífica termina nun baño de sangue. O director Jacques Panijel reconstruíu a finais de 1961 algunhas escenas desta sanguenta noite de outubro con actores afeccionados para o seu documental Octobre à Paris, situado no contexto histórico dos crimes de estado. Cando se ía a proxectar a metraxe en Cannes, a sala foi evacuada pola policía no último minuto e as copias secuestradas. Medio século despois, esta obra estreouse en outubro de 2011 por vez primeira en París.
Entrada de balde