Mércores 26 de febreiro ás 21.00
Retomamos as proxeccións despois do parón da semana pasada (motivado por problemas loxísticos) coa proxección do filme do director iraní Abbas Kiarostami: Onde está a casa do meu amigo?
Onde está a casa do meu amigo? (Khane-ye Doust Kodjast, Abbas Kiarostami, Irán, 1987, 80′,VOSE)
A película relata as idas e vindas de Ahmed, o seu pequeno protagonista, entre o seu pobo, Koker, e o veciño, Poshteh, decidido a encontrar (contra as admonicións en sentido contrario da súa nai, a insensibilidade sádica do seu avó, así como o desinterese, cando non directamente o entorpecemento, do resto dos adultos que se encontra no seu camiño) nel a Nematzadeh, o seu compañeiro de pupitre, co fin de devolverlle o caderno escolar que tomou na súa carteira por erro.
Entrada de balde