20 enero 2016

Cineclube do Liceo Mutante: Os palestinos



palestios

Xoves 21 ás 20.00

Os palestinos (De Palestijnen, Johan van der Keuken, Países Baixos, 1975, 45′, VOSG)

O filme Os Palestinos do realizador holandés Johan Van der Keuken está rodado nos campamentos de refuxiados do sur do Líbano, parte da dor e as duras condicións de vida nese espazo para lembrarnos a cronoloxía desta situación, .

En Os Palestinos o xogo entre a representación e o que é mostrado, entre a mirada do cineastas e a reprodución, desprázase cara ao nivel da utilidade política: Cal é a utilidade destas imaxes en relación coa situación colectiva do pobo palestino? A través dun feixe de imaxes máis ou menos desconectadas e dunha voz en off que deixa espazo para a reflexión estética, van der Keuken deixa que sexa o espectador quen lles dea sentido e sexa quen de extraer un certo ton do conxunto.

Entrada de balde