18 marzo 2012

Cineclube do Liceo Mutante: Pouco a pouco



Martes 20 ás 21:30
Por motivos loxísticos temos que mudar a proxección para o martes, no que, dentro do ciclo adicado a Jean Rouch, poderemos ver Pouco a pouco ( Petit à petit,Jean Rouch, 1968 – 1970, Níger- Francia, 92′ VOS)

En Ayorou, Níxer, Damouré dirixe, xunto con Lam e Illo, unha sociedade de importación e exportación chamada «Pouco a pouco». Ao decatarse de que en Niamey, a capital, están a planear a construción dun rañaceos, o primeiro do país, deciden emprender eles mesmos a construción dun, aínda máis alto. Para iso, Damouré viaxa a París para ver como se vive nunha casa de pisos. Na cidade descobre as curiosas formas de vida e pensar da tribo dos parisienses, que describe nunhas cartas que envía con regularidade aos seus compañeiros. Estes, crendo que Damouré toleou, mandan a Lam na súa busca. En París, Damouré e Lam compran un Bugatti e coñecen a Safi, Ariane e a Philippe. O grupo decide volver a África para construír o novo edificio, pero as dúas mulleres e Philippe non conseguen afacerse á nova vida e marchan. Aos tres amigos só lles queda retirarse a unha cabana nas beiras do río para forma unha «sociedade de estúpido», libre das ataduras da sociedade moderna.

Entrada de balde