23 noviembre 2014

Cineclube do Liceo Mutante: Queridísimos verdugos



verdugos
verdugos 2
verdugos 3

Este mércores no Cineclube do Liceo proxectaremos o filme «Queridísimos verdugos» de Basilio Martín Patino

Queridísimos Verdugos (Basilio Martín Patino, Estado español, 1977, 100′, VO)

Da man dos tres verdugos – «executores de sentenzas» – existentes na España dos primeiros anos setenta, explórase unha zona particularmente escura da Ditadura. Máis alá da alegación contra a pena capital, a película indaga na historia persoal dos tres protagonistas e as súas maneiras de entender o oficio que desempeñan, dos axustizados por eles no garrote vil e das súas virtudes, dos crimes que se castigan, do que pensan os expertos. Un retrato atroz da sociedade en que se desenvolven. Unha reflexión implacable sobre o poder.

Rodada de xeito clandestino, a película establece un debate sobre a pena de morte como punto de partida para analizar outros temas como a falta de liberdade durante o franquismo, a ignorancia, a intolerancia..

Entrada de balde