Mércores 23 de xaneiro ás 21.00
O cineclube do Liceo Mutante mergúllase no fascinante e divertido mundo do director portugués Joao Cesar Monteiro coa proxección do seu filme Recordaçoes da Casa Amarela (Joao Cesar Monteiro,Portugal 117′)
Este filme inicia a triloxía de Joao de Deus, alter ego do director portugués que tamén protagoniza os filmes.
Lisboa, 1989: Un pobre demo de mediana idade vive no cuarto dunha pensión barata e familiar, na zona antiga e ribeirá. Atormentado pola enfermidade, e diferentes tipos de vicisitudes, o idiota, que se alimenta de Schubert e quizais dunha cinefilia como forma de resistencia á miseria, é posto na rúa despois dun intento frustrado contra o pudor da filla da dona da súa pensión.
Só e carente de calquera recurso, enfróntase á dureza do espazo urbano, e é internado nun hospicio,de onde sairá coa firm determinación propia do home libre, para cumprir unha misión «rica e estraña», que lle foi encomendada por un vello amigo, enfermo mental coma el, «Ve e dálles traballo».
J.C. Monteiro
Entrada de balde