6 febrero 2017

Cineclube do Liceo Mutante: Road (A. Clarke)



road

Xoves 9 de febreiro ás 20.30

Este mes no Cineclube do Liceo Mutante botaremos o filme Road do director británico Alan Clarke.

Road (A. Clarke, 1987, Inglaterra, 62′, VOSE)

Acedísimo retrato da Inglaterra baixo o thatcherismo, no que o noso guía para a noite vai ser un home borracho chamado Scullery. Preparémonos para a experiencia das nosas vidas mentres el nos amosa unha noite «normal» ao longo dunha rúa abandonada de Lancashire nos oitenta.

Entrada de balde

Guardar