10 octubre 2016

Cineclube do Liceo Mutante: Seize the time



a-seize-the-time

Xoves 13 de outubro ás 20.30

Coa chegada do outono o Cineclube do Liceo Mutante deixa o xardín e recóllese no interior do noso espazo de Mollabao para acoller as vindeiras proxeccións.

Para comezar este novo curso temos o pracer de amosar o filme Seize the Time de Antonello Branca.
(Seize the Time, Antonello Branca, Italia, 1973, 93′, VOSG)

Seize the time é un filme sobre e coas Panteras Negras. Misturando cine de ficción e cine documental. Antonello Branca era un dos poucos cineastas italianos capaces de presenciar a sociedade americana desde dentro. Coa súa cámara foi rapidamente capaz de captar os cambios sociais que estaban a ter lugar na sociedade dos EE.UU. durante a década dos 60.

Lemos no texto de Nobuko Miyamoto «Un filme sobre a revolución» traducido e editado polo Cineclube de Compostela:

“Este documentario construíuse na súa mente [a de Antonello Branca] como a improvisación no jazz, feito de xente e situacións atopadas polo camiño mentres o mundo xiraba arredor de nós. Para min, esta experiencia foi como ollar moi de preto a outra cara das Panteras. Nunca esquecerei unha conferencia sobre políticas da comunidade que impartiu Masai Hewitt, o Ministro de Educación, en Los Angeles. Un irmán noviño procuraba ler en voz alta o libriño vermello de Mao. Masai traduciu, sen indulxencia, o significado de “servir ao pobo” na linguaxe da rúa. Pensei: “É abraiante, iso é verdadeiro amor pola xente”. Logo, alguén me chamou irmá durante o Almorzo para os Nenos. Eu era unha estranxeira, nipoamericana, pero esa persoa fíxome sentir parte da familia. Tamén iso era amor. Xa non volvín ter medo das Panteras.»
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/files/2011/03/folla-16-marzo-ok.pdf

Entrada de balde

Guardar