Mércores 5 de novembro
Despois do prolongado parón estival o Cineclube do Liceo Mutante retoma as súas proxeccións cunha lembranza ao xenial director francés Chris Marker finado no xullo pasado,ao que lle adicaremos as primeiras proxeccións.
Este mércores día 7 comezaremos con Sen Sol (Sans Soleil, Chris Marker, Francia, 1983, 100′, VOSE)
Difuminando a fronteira entre o documental e ficción, Sen Sol funciona coma un caderno de viaxes.
– En espera do seu «pobo» Sen Sol é un filme de resistencia porque apela á palabra «primavera»
, é dicir, a imaxe pura liberada de toda sorte de simbolismo-
Gonzalo de Lucas en Composición política de una imagen . Introducción a la primera imagen de Sans Soleil.
Podes atopar o artigo completo en español aquí: http://www.iua.upf.edu/formats/formats2/luc_e.htm
A proxección comezará ás nove e a entrada é de balde