Mércores 6 de novembro ás 21.00
Este mércores proxectaremos o filme Sen teito nin lei da directora Agnès Varda.
Sen teito nin lei (Sans toit ni loi, Agnès Varda, Francia, 1985, 105’, VOSG)
Sen teito nin lei conta a historia dunha rapaza vagabunda que é atopada nunha cuneta, morta de frío. A cámara de Varda acompaña a esta rapaza chamada Mona no final da súa vida a través de fragmentos e flashbacks que son introducidos a por medio das persoas que entraron en contacto con ela.
Entrada de balde