30 enero 2018

Cineclube do Liceo Mutante: sesión de animación



animación

Venres 2 de febreiro ás 21.00, Cineclube do Liceo Mutante: sesión de animación

Don Hertzfeldt e David O’Reilly son dous dos máximos referentes na animación independente contemporánea. Ademais da amizade, comparten un sentido do humor salvaxe e escuro, unha crítica feroz aos tempos que corren, a experimentación formal coa animación dixital e unha melancolía que remata por conxelar o sorriso. O mundo de agora e o do futuro. O desasosego.
—————————————
THE EXTERNAL WORLD (David O’Reilly, 2010, 17 min.) | WORLD OF TOMORROW (Don Hertzfeldt, 2015, 17 min.) | WORLD OF TOMORROW EPISODE TWO: THE BURDEN OF OTHER PEOPLES’S THOUGHTS (Don Hertzfeldt, 2017, 23 min.)
—————————————


Entrada de balde.