Esta semana retomamos programación despois do parón da semana pasada motivado pola montaxe da instalación sonora Funkausstellung de Pit Noack.
Retomámola coa proxección do filme de Serguei Paradjanov: Sombras dos nosos ancestros esquecidos. Os corceis de lume ( Tini zabutykh predkiv, Sergei Paradjanov, 1966, URSS,97′, VOSE)
«No templo do cine hai imaxes, luz e realidade. Paradjanov é o principal gardián dese templo.» Jean-Luc Godard
No filme, Paradjanov móstranos a historia de Ivan e Marichka retratando ademais con detalle a cultura dos montañeses hutsules de Ucraína: o fusco entorno dos Cárpatos, as brutais rivalidades entre familias e a beleza de tradicións, música, traxes e fala hutsules.
Entrada de balde