19 febrero 2012

Cineclube do Liceo Mutante: Sons Británicos



Luns 20 de Febreiro ás 20:30
Proseguindo co ciclo do Cinema arredor da Fábrica esta semana tócalle o turno a Sons Británicos (British Sounds, Jean-Luc Godard / Jean-Henri Roger, Inglaterra, 1970, VOS, 52′)
Filme firmado a posteriori polo Grupo Dziga Vertov

«Algunhas veces a loita de clase é a loita dunha imaxe contra unha imaxe e dun son contra un son. Nun filme é a loita dunha imaxe contra un son e dun son contra unha imaxe. »
JLG

«É a partir da loita entre imaxes e sons que o grupo Dziga Vertov fai a loita política (ou oponse á estratificación social). E non só entre imaxes e sons, senón tamén entre imaxe e imaxe e son e son. De aí que non produzan imaxes novas senón novas relacións de imaxes, que se establecen politicamente. Coa urxencia de abrir esas vellas relacións e extraer a súa visibilidade e audibilidade, prodúcense articulacións novas entre o visible e o decible e, en consecuencia, unha especie de re-aprendizaxe do ver, escoitar, falar ou ler.

Vexamos. Todas estas películas renuncian á narración, moitas organízanse por bloques, como é o caso de British Sounds, onde ao travelling lateral na cadea de montaxe dunha fábrica de automóbiles seguelle a secuencia dunha rapaza baixando e subindo escaleiras, unha conversación de sindicalistas e a discusión dun grupo de estudantes que pintan carteis e compoñen unha música. Cada unha das secuencias relaciónase coa outra na súa separación. Ningunha é mero vehículo ou pretexto da outra, ningunha é o verdadeiro sentido da outra, van por separado. O mesmo acontece co son, que no cine do Grupo Dziga Vertov é sempre un espazo complexo»

Tirado de -Jean Luc Godard y el Gurpo Dziga Vertov- escrito por Celeste Araujo e publicado en http://www.blogsandocs.com/

Entrada de balde