Mércores 13 de novembro ás 21.00
Esta semana proxectaremos o filme Titicut Follies do director norteamericano Frederick Wiseman.
Titicut Follies (Titicut Follies, Frederick Wiseman,1967, EUA,84′, VOSG)
Titicut Follies é un fito do chamado cinema directo. Nel documéntanse as rutinas diarias dentro do Massachusetts Correctional Institute en Bridgewater, un hospital psiquiátrico para convictos con doenzas mentais.O filme é coñecido pola controversia que rodeou a súa estrea, polo xuízo no que o estado de Massachusetts levou a Wiseman aos tribunais co fin de evitar calquera exposición da película. O veredicto marcaría o devir do filme: foi declarado obsceno e explotador, e foi prohibida calquera proxección pública do mesmo.
O máis asombroso do caso é o tranquila, nada vociferante que é a película. O filme non mostra nada como extraordinario.
Desafíase o noso sentido do cotián forzándonos a observar, e preguntarse que constitúe a vida nun hospital psiquiátrico.A súa atención está na violencia, tan diaria como o xornal. A coerción coa que se mantén a institución.
Entrada de balde