Mércores 19 de decembro ás 21.00
O Cineclube do Liceo Mutante prosegue a súa andaina na filmografía da cineasta belga Chantal Akerman coa proxección do seu filme Toda unha noite (Tout une nuit, Chantal Akerman, 1982, 86′, VOS)
«…pero sempre a necesito a ela, teño que ver a nova película de Chantal Akerman para saber como me sitúo con respecto a ela e ela con respecto ao espectador que son eu. Ás veces sentinme máis distanciado, outras máis identificado, como en Toute une nuit. É unha das películas que máis me conmoven, con ese leit-moti
v dos personaxes que se perden na escuridade da noite, case todas as historias rematan con esa imaxe dunha gravidade un pouco terrorífica e constitúen o reverso de Charlot afastándose cara ao horizonte.»
Conversa telefónica en torno a Chantal Akerman entre Jose Luis Guerín e Miguel Marías. Podes atopala completa en español aquí: http://intermediodvd.wordpress.com/2012/10/29/conversacion-telefonica-en-torno-a-chantal-akerman-por-jose-luis-guerin-y-miguel-marias-2/Non teñades medo do frío que temos estufas!!!!
A entrada é de balde.