6 diciembre 2011

Cineclube do Liceo Mutante: Unha Muller Baixo a Influencia (Johnn Cassavetes)



 

O cineclube muda esta semana para a tardiña do martes ( 19.00 a 20.00 ) coa proxección do filme de John Cassavetes: Unha muller baixo a influnecia( A woman under the influence, John Cassavetes, EE.UU.1974,155,VOS)

«Non creo que o público de hoxe en día esté satisfeito vendo filmes que só rozan a superficie da vida dos personaxes, coido realmente que o público quere afondar en certos temas. O amor dentro dunha familia é un tema universal, pero sempre foi tratado á lixeira. Aprendimos a cotillear sobre a vida, en lugar de vivila. Unha muller é unha ama de casa feliz ou unha ama de casa infeliz no seu matrimonio. Pero non é así de sinxelo. É posibel estar casado e namorado e non sentirse satisfeito. E o amor fluctúa. O matrinomio, como calqueira outro compromiso, é un asunto bastante complexo. No cinema tratouse moito por riba. A vida familiar é moi difernete do que nos fixeron tragar pola televisión e pola radio a través da codicia superficial e involuntaria que nos rodea. Hoxe os filmes só nos mostran un mundo de esnsoño, perderon todo contacto coa auténtica maneira de ser da xente. Para min, a familia Longhetti é a primeira familia real que vin no cinema. As familias «de cine» está indealizadas, non me interesan proque non teñen nada que dicirme sobre a miña vida.
John Cassavetes sobre Unha muller baixo a influencia, en Cassavetes por Cassavetes., Ray Carney (ed.)

Entrada de balde