Xoves 18 de maio ás 21.00
Este vindeiro xoves no Cineclube máis molón de todo Mollabao proxectaremos o filme de Marlon Riggs: Tongues United
Tongues United ( Marlon Riggs, 1989, EE.UU, 55′)
A película mestura a metraxe documental con material persoal e a ficción nun intento de representar a especificidade da identidade gai negra. O «silencio» ao que se fai referencia ao longo da película é o dos homosexuais negros, que non poden expresarse por mor dos prexuízos da sociedade heterosexual branca e negra, así como da sociedade gai branca.
A estrutura narrativa de Tongues Untied é interesante e pouco convencional. Ademais de material documental que detalla a cultura gai negra norteamericana, Riggs tamén conta das súas propias experiencias como un home gai. Estas inclúen tomar conciencia da súa identidade sexual e de facer fronte á morte de moitos dos seus amigos por mor da SIDA. Outros elementos da película inclúen imaxes do Movemento polos Dereitos Civís e clips de Eddie Murphy realizando unha rutina homófoba.
O documental afronta a crítica simultánea das políticas de racismo, homofobia e exclusión, e como estas se entrelazan coas políticas sexuais contemporáneas.
Entrada de balde