14 marzo 2018

Cineclube do Liceo Mutante: US Go Home (Claire Denis)



cine liceo

Venres 16 de marzo ás 20.30, Cineclube do Liceo Mutante: US Go Home (Claire Denis)

«US Go Home» é a grande obra descoñecida de Claire Denis, a súa contribución a «Tous les garçons et les filles de leur âge…», serie da canle Arte, para a que unha destacada comisión convidou a diferentes directoras e directores a realizar cadanseu episodio sobre a súa adolescencia e a música que marcou esta etapa das súas vidas. O traballo de Denis, case autobiográfico, parte do shock cultural que supuxo para a directora pasar de vivir en África aos arredores de París. «US Go Home» conta a historia de dúas rapazas que acoden a unha festa na que se inician en pasaxeiras relacións sexuais e sociais.

Entrada de balde