12 febrero 2012

Cineclube do Liceo Mutante



Proseguimos co ciclo do Cinema arredor da fábrica coa proxección do filme Deica logo, espero (A bientot, j’espere. Chris Marker e Mario Marret, Francia, 1968, 43′, VOS)

À bientot, j’espere é un documental francés que relata os feitos acontecidos na folga de 1967 na fábrica téxtil Rhodiaceta de Besançon, a través das testemuñas dos obreiros sobre as súas condicións laborais. As reivindicacións non viran só respecto á problemática concreta da empresa, senón que tamén é abordado o modo de vida da clase obreira en termos xerais. O seu contexto temporal é a véspera de maio do 68, o que lle outorga unha relevancia extra.
Tirado de http://praquenosdevolvan.blogaliza.org/

Entrada de balde