3 agosto 2015

Cinema no xardín: Bionte + Lúa/Decalcomanía + Volonté



volonte_cartel_A2_web_alta
VOLONTÈ_FOTOGRAMA_03
VOLONTÈ_FOTOGRAMA_04
VOLONTÈ_FOTOGRAMA_05
LUA_01
LUA_02

_02Bionte

Xoves 6 de agosto ás 22.15
Seguimos coa nosa programación de cinema no xardín coa proxección das pezas: Bionte de Lucía Vilela, Lúa/Decalcomanía de Miguel Mariño e Volonté, peza colectiva na que unha parte foi rodada no propio Liceo Mutante durante o concerto de Volontè + Urro en xullo de 2014.
Nesta sesión contaremos coa presenza dos realizadores.

BIONTE (Lucía Vilela, 2015, super8, 6 mins)
Representación fragmentada en movemento do lique invasor.
A proxección das súas formas, texturas e cores relaciónase coa descomposición microorgánica da emulsión fotográfica.

LÚA/DECALCOMANÍA (Miguel Mariño, 2014, 16 mm, 24 mins)
Dúas películas de animación abstracta pintadas a man directamente sobre acetato e celuloide de 16 mm.

O dialogo vibrante entre a luz e a súa ausencia é o leitmotiv da peza. Na película «Lúa» o proceso de cambio vai dende o negro ata a luz total, mentres que en «Decalcomanía» esta viaxe se inverte, comezando cun cadro cheo de luz e rematando na escuridade absoluta.
http://miguelmarino.tumblr.com/

VOLONTÈ (obra colectiva, 2015, 16 mm transferido a dixital, 27 mins)

Tras un ano de inactividade, o grupo de improvisación sonora experimental e noise Volontè reúnese cun equipo de rodaxe.
O dispositivo fílmico móstrase e desvela ao tempo que o da propia banda.

O AMOR SUPÓN O PROCESO DE COLABORACIÓN COMO UN ENCONTRO DE MATERIAL CONCRETO; A PARTICIPACIÓN DE DIFERENTES […] QUE CO-ESCRIBEN E CO-PRODUCEN XUNTOS.

Unha película de: Marcos Flórez,, Helena Girón, Rafael Mallo, Roberto Mallo, Miguel Prado, Lucas Vázquez, Lucía Vilela.

Os realizadores das pezas acompañárannos nesta sesión para poder establecer entre tod@s un diaólogo en torno a elas.

Agradecerase un donativo voluntario de prezo libre para axudar a cubrir os gastos da proxección

Guardar