16 julio 2012

Cinema no Xardín: Cabalo de Batalla



O Cineclube de Pontevedra escolle para rematar (temporalmente) a súa colaboración co Liceo Mutante o popular filme Cabalo de Batalla (War Horse, S.Spieberg, USA ,2011, 100′,VOSE)

Nunha vila inglesa, Albert, o fillo dun granxeiro, ve nacer un poldro. Pouco despois, o seu pai adquíreo nunha poxa, e o rapaz ponlle de nome Joey. Pero a familia arruínase e non ten máis remedio que vender o cabalo xusto cando estala a Primeira Guerra Mundial

A proxección será en 35 mm ás 22:30

A entrada é de balde, as portas abriranse ás 21:00

Trailer