16 agosto 2015

Cinema no xardín: Chavaga, Montecelo



20150813_140158

Abrimos a programación desta semana cunha oportunidade única, a estrea en Galicia do filme documental Chavaga, Montecelo do realizador francés Enrique Vega, que nos acompañará na proxección.

O verán en Galicia na casa familiar: o ritmo diario das idas e vindas dos mozos que traballan e a charla sen fin dos anciáns na sombra da vella casa. Tamén é unha oportunidade para aprender máis acerca dun episodio oculto protagonizado polos últimos membros da guerrilla antifranquista.

Crónica familiar evaporada no sopor dun verán en Galicia, apuntalada polas cuestións do narrador sobre un dramático episodio acontecido durante a Guerra Civil española.

Este documento tan particular, lento e sensible, saca a súa forza da acumulación do non dito e os silencios reticentes…

Pouco a pouco, a trama expándese, cremos comprender do que se trata, pero non temos a certeza, como na vida…

Chavaga, Montecelo (Enrique Vega, Francia, 2009, 55′, VO)

Enrique Vega é ademais coautor xunto con Damien Froidevaux da marabillosa curtametraxe Poule, Renard, Vipère e baixista da incrible banda Api Uiz, que nos visitaron e nos deixaron coa boca aberta no 2012 e pronto teremos por aquí de novo.

Agradecerase un donativo voluntario de prezo libre para axudar a cubrir os gastos da proxección

Guardar