18 junio 2012

Cinema no Xardín: Creative Commons Galego



Mércores 20 de xuño ás 22:30

O Cineclube de Pontevedra continúa coa súa programación de xuño e continúa tamén no xardín do Liceo.
Nesta ocasión baixo o epígrafe de Cine Creative Common galego engloba unha serie de pezas do máis diverso, baixo a única característica común de empregar licencias abertas.
O Poema, O Cadro, O Disco. Dir: Guillermo Arias, 66′
A Rosa Conxelada. Dir: Marc Nadal, 43′
Película Urxente por Palestina. Dir: Alberte Pagán, 14′
Curtas de Sr. Mundo: Broken. Dir: Brian Demoskoff, 7′
Neggy coñece a Sammy. Dir: Benjamin Carter,8′
The Bike. Dir: B.Carter, J. Junquera, 10′
Centos de Mistos

A entrada é de balde, as portas abríranse ás 21:00.