Sábado 22 de agosto
Orson Welles traenos este documental/ensaio sobre a falsificación da arte contándonos a historia das figuras do falsificador Elmyr de Hory e o seu biógrafo, Clifford Irving.
Achégate o sábado 22 a ver este filme no xardín, as portas estarán abertas dende as 21h00 e comezaremos ás 22h30!
Nestas sesións de cinema a entrada será a vontade, o que ti queiras aportar, e lembra que o aforo é limitado asi que fai a túa reserva escribindo o teu nome a data á que queres asistir a cine@liceomutante.com
Coma sempre, xa que nós non poderemos facer cea, invitámoste se queres a levar un sanwiche ou calquera cousa para papar.