16 junio 2013

Cinema no xardín: Fóra



Xoves 20.00 ás 22.00

Amig@s, sacamos as proxeccións ao xardín!
Froito da colaboración entre o Cineclube do Liceo Mutante e o Cineclube de Pontevedra iniciamos un ciclo no que proxectaremos algúns dos filmes máis interesantes e arriscados que se fan no país, tendo ademais a sorte de poder contar coa presenza dos directores para artellar pequenos debates arredor deles.

Non podíamos comezar o ciclo cun título máis acaído: Fóra,
dos directores Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas.

Fóra (Pablo Cayuela e Xan Gomez Viñas,2012,Galiza, 96′,VO)

Fóra é unha indagación sobre as historias ocultas dun lugar: o edificio do hospital psiquiátrico de Conxo. Empregando un dispositivo audiovisual que parte da posta en imaxe do documento, a longametraxe xera unha corrente alterna entre as imaxes da institución e as voces, ligadas aos relatos que abeira o edificio ou á lectura de fragmentos literarios e fontes documentais escollidas pola súa capacidade de resonancia no presente. A Historia de Conxo ―imaxe especular da Historia compostelana― vaise esfarelando en pequenas historias que revelan a necesidade de explorar máis polo miúdo o significado social de determinados espazos reprimidos da memoria urbana.

http://forafilme.wordpress.com/

Entrada de balde