Martes 11 de agosto ás 22.30. Apertura de portas ás 21:00.
Ici et Ailleurs (Jean-Luc Godard e Anne-Marie Miéville, 1976). 53 min, VOSE.
“Fixemos o que tantas persoas: Collimos imaxes e puxemos o son demasiado alto. Vietnam…sempre o mesmo son, sempre demasiado alto. Praga, Maio do ’68 – Francia, Italia. Revolución cultural China. Folgas en Polonia. Torturas en España. Irlanda, Portugal, Chile, Palestina. O son tan forte que case afoga á voz que queríase extraer da imaxe.”
Godard e Miéville, mediante un filme en favor de Palestina, cuestionan a natureza mesma do cine, denuncian o «teatro» da imaxe, o fluxo de imaxes que, en vez de sumar, anúlanse e olvídanse, o ruido que quere tapar o silencio, o silencio que enmascara a morte.
Ás 21:00 abriranse as portas, ás 22:30 comezará a proxección e a entrada será á vontade. Lembrade que o aforo é limitado dada a situación actual polo que, se queredes asegurarvos un asento para ver a proxección, podedes enviar un mail a cine@liceomutante.com deixando o voso nome.
Nesta nova etapa non podemos facer cea para as asistentes, polo que vos animamos a que non pasedes fame e traigades o que queirades papar!
Lembramos que o Liceo Mutante non é un bar, é unha asociación cultural e un espazo sen ánimo de lucro autoxestionado por persoas voluntarias. Vémonos!