31 agosto 2021

Cinema no xardín: Inbar Horesh



inbar

Mércores 1 de setembro
Atendede, fillos e fillas das imaxes e da noite!
Nesta segunda sesión de Cinema no Xardín teremos a sorte de contar coa presenza da directora israelí INBAR HORESH para presentar tres das súas curtametraxes.
Directora emerxente —está agora preparando a súa primeira longametraxe—, tras pasar polos festivais de Cannes e de Locarno chega agora ao Liceo Mutante (de camiño a Cans).
Artista arriscada, os seus filmes confrontan a realidade do Israel actual. Tres curtas comprometidas e fermosas, entre o drama e a comedia, para unha sesión ben linda.
É un gusto tremendo poder tela con nós. Esperemos que vos gusten e que sexa unha noite venturosa.
PROGRAMA DA SESIÓN
The Visit (2014)
Taxi (2015)
Birth Right (2019)
Despois da proxección poderedes falar e preguntarlle cousas á propia directora.
Duración total da sesión: 60 minutos.
VIVA O CINEMA!
PRÓXIMAS SESIÓNS
Sábado 11 de setembro. La estrella errante, de Alberto Gracia.
Sábado 18 de setembro. Sesión de curtas de Fon Cortizo e Alexandre Cancelo.
Haberá reserva previa de aforo (polo Covid) en: anticipadas.liceomutante@gmail.com
Entrada á vontade.
Apertura portas: 21h // comezo da proxección: 22h.
Aforo limitado.
Para que o Liceo Mutante sexa un lugar seguro para todas, solicitamos a vosa colaboración no respecto ás medidas sanitarias.