3 agosto 2015

Cinema no xardín: Las más macabras de las vidas



macabra-vidas-Eskorbuto-Kikol-Grau_EDIIMA20141023_0363_13

Chega agosto e con el sacamos a pantalla ao xardín.
Comezamos a nosa programación con Las más macabras de las vidas, o documental sobre a banda punk vasca Eskorbuto do realizador Kikol Grau, que estará presente durante a proxección

Na contaminada marxe esquerda do río Nervión, Bilbao, a principios dos 80 , Eskorbuto lanzaba as súas primeiras patadas e esgarros musicais. A banda punk que revolucionou a música é retratada aquí da forma máis punk posible, nunha chalada remestura de material saqueado (con propósitos subversivos e divertidos) de películas, noticiarios e publicidade, xunto con vídeos, directos e declaracións do grupo, nunha entrevista imaxinaria guiada polas súas cancións.

Kikol Grau leva máis dunha década buceando entre os restos da sociedade da información, os arquivos televisivos e a rede das redes. Froito desas inmersións na metraxe encontrada e a súa inquedanza pola Historia, das súas máns saen programas de TV independentes (Gabinete de Crisis), videoclips gamberros (Tarántula, Tu madre…) ou decenas de pezas e filmes autoproducidos de actitude punk e vontade tan crítica como irónica (Operación Gadafi).

“Las más macabras de las vidas” o seu filme sobre a fundacional banda bilbaína Eskorbuto estreouse o pasado ano no Festival de Cine Europeo de Sevilla e gañou a 8ª edición do Dock of the bay, Festival de Cine Documental Musical de Donostia.

Kikol estará con nós para departir sobre a España da Transición o punk e o que se tercie.

Agradecerase un donativo voluntario de prezo libre para axudar a cubrir os gastos da proxección

Guardar