17 julio 2019

Cinema no xardín: Le Havre



le havre

Mércores 24 de xullo ás 22.30

LE HAVRE
Aki Kaurismäki, 2011, 120 min., VOSE
Lingua orixinal: francés
*Grazas á colaboración do Institut Français

Marcel Marx, escritor e bohemio empedernido, vive autoexiliado na cidade de Le Havre, onde sente que está máis preto da xente logo de adoptar o honrado, aínda que non moi proveitoso, oficio de limpabotas. Enterrado o soño de converterse nun recoñecido autor, vive felizmente no triángulo composto polo seu bar favorito, o seu traballo e Arletty, a súa esposa, até que o destino fai que se cruce cun emigrante africano menor de idade chegado de África. Arletty enferma e a Marcel non lle queda outra ca erguerse máis unha vez ante o frío muro da indiferenza humana co optimismo que o caracteriza e a solidaridade da veciñanza do barrio coma únicas armas. Enfrontarase entón á maquinaria cega dun estado constitucional, representado pola policía, que lle segue a pista ao mozo refuxiado. É hora de lustrar os zapatos e ensinar os dentes.

Actividade en colaboración co Cineclube de Pontevedra