28 agosto 2017

Cinema no xardín: Luz silenciosa (C. Reygadas)



arey

Xoves 31 de agosto ás 22.00

LUZ SILENCIOSA
Carlos Reygadas, 2007, 142 min.

«Ao principio non pensara en «Ordet» (Dreyer, 1955). Cando descubrín os campos menonitas decateime de que eran o contexto perfecto para o filme porque achegaban unha unidade social e física que me permitía prescindir dos típicos elementos do triángulo amoroso para ficar co conflito esencial. Neste contexto de campesiñado protestante fundamentalista deime conta de que, polo menos a conclusión, parecíaselle a Dreyer. Así que preferín que se notara a fonte de inspiración e encadrei dun xeito moi semellante a secuencia final. Con «Luz silenciosa» pregúntome se é posible unha obra coma «Ordet» no mundo actual, aínda que o meu filme é sobre o amor e non sobre a fe» (Carlos Reygadas).

Entrada de balde.
A proxección deste filme é posible grazas á colaboración do Goethe Institut Madrid.

Sesión realizada en colaboración co Cineclube de Pontevedra