26 junio 2012

Cinema no Xardín: Mercado de futuros



Mércores 27 ás 22:30
O Cineclube de Pontevedra continua coa súa programación no noso xardín. Esta semana dentro do ciclo adicado ao cinema feito baixo licencias abertas Creative Commons proxectarán o filme Mercado de Futuros (Mercedes Álvarez, 2011, 11′)
O desaloxo e derrubo dunha antiga casa, con todos os seus mobles, a súa abundante biblioteca e o seu cargamento enteiro de memoria persoal, constitúe o punto de arranque de «Mercado de futuros», película documental que intenta trazar algúns rasgos do novo aspecto do mundo. A cámara asómase á febre do mercado inmobiliario, convertido nunha feira do espectáculo e promesa do enriquecemento ou do paraíso, aos borkers do investimento financeiro e aos gurús e predicadores do éxito e a mitoloxía empresarial. De fondo, queda unha ollada sobre a virtualización do espazo urbano, o desaloxo da memoria persoal e colectiva, e a banalización de sonos e desexos, convertidos finalmente en pura mercadoría.

A proxección será en 35mm. e a entrada é de balde. Apertura de portas ás 21:00