23 julio 2018

Cinema no Xardín: «Mulleres da Raia» e «Palmira» (D. Gonçalves)



palmira

Venres 20 de xullo ás 22.30

MULLERES DA RAIA
(Diana Gonçalves, 2009, 42 min.)
———————————-
«Mulleres da Raia» (2009) é unha viaxe ás fronteiras do norte de Portugal e Galicia que nos transporta ao noso pasado máis recente. O contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país veciño. A Raia, como popularmente é coñecida a fronteira, garda unha historia de loita diaria pola supervivencia, e as súas mulleres son testemuñas e protagonistas.

PALMIRA
(Diana Gonçalves, 2017, 30 min.)
———————————-
«Palmira» (2017) é o resultado de cinco anos de encontros promovidos polo laboratorio O Retrato Filmado (Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui). Palmira foi tamén unha das protagonistas do primeiro documental de Diana Gonçalves, «Mulleres da Raia». Un corpo canso mais resistente. E do outro lado da cámara, a tentativa de atopar ese intre fugaz que nos revela algo máis da vida. A construción dun retrato a partir do encontro ao longo dos anos entre unha muller centenaria e unha aprendiz documentalista. Retrato de Palmira? Da documentalista? Sen querelo inicialmente, de ambas as dúas…

*Contaremos coa presenza da directora.

Actividade en colaboración co Cineclube Pontevedra