Sábado 28 de agosto, Cinema no xardín: O acto de ver polos propios ollos (cinema experimental)
O acto de ver polos propios ollos. Ensaio para unha pequena historia do cinema experimental
Este sábado 28 de agosto comezamos as sesión pandémicas de Cinema no Xardín. Nesta primeira proxección teremos unha serie de pezas de “clásicos” do cinema experimental. Poderedes ver desde os diarios filmados de Mekas ao puro experimental de Brakhage, desde o surrealismo de Maya Deren ás últimas grandes realizadoras como Abigail Child, ou do apropiacionismo de Bruce Conner ata o feminismo de Barbara Hammer pasando pola vangarda de Peter Tscherkkassky.
Unha mestura ben fermosa. Esperámosvos. Vide cos ollos ben limpos e o espírito aberto. Adams Sitney is not dead.
FILMES:
Maya Deren, Witch´s Cradle. 1943, 12 min
Bruce Conner. Report, 1967, 13 min
Stan Brakhage. The Garden of Earthly Delights, 1981, 2 min
Abigail Child. Mutiny, 1983, 10 min
Barbara Hammer. Sanctus, 1990, 18 min
Peter Tscherkkassky, Outer space, 1999, 10 min
Jonas Mekas. As I Was Moving Ahead Occasionally I Saw Brief Glimpses of Beauty (Chapter One), 2000, 23min
PRÓXIMAS SESIÓNS
Mércores 1 de setembro. Sesión de curtas da directora israelí Inbar Horesh.
Sábado 11 de setembro. La estrella errante, de Alberto Gracia.
Sábado 18 de setembro. Sesión de curtas de Fon Cortizo e de Alexandre Cancelo.
Haberá reserva previa de aforo polo Covid en:
anticipadas.liceomutante@gmail.com
Entrada á vontade.
Apertura portas 21h /comezo da proxección 22h.
Aforo limitado.
Para que o Liceo Mutante sexa un lugar seguro para todas, solicitamos a vosa colaboración no respecto ás medidas sanitarias.