23 julio 2018

Cinema no Xardín: «O ollo imperativo» (María Ruído)



ruído

Martes 24 de xullo ás 22.30

O ensaio visual «O ollo imperativo», producido en Marrocos dende xuño de 2014, especificamente para o Centre d’Art Santa Mònica, proponse como reflexión transversal sobre o papel que o rexime da visualidade adquire dentro dos procesos decoloniais e neocoloniais, entendidos estes non exclusivamente como formas de explotación político-económica senón como un pensamento abismal —que diría Boaventura de Sousa— que domina o sistema-mundo e que non cesa. Este filme, construído con textos reescritos de Frantz Fanon e Aimé Césaire presenta como caso de estudo a Marrocos, mais quere reflexionar sobre as expectativas da construción dunha xustiza cognitiva fóra do sistema hexemónico de coñecemento e representación —en todos os sentidos do sistema de representación— e, por extensión, preguntarnos en que medida é posible unha(s) verdadeira(s) soberanía(s) visuais e que potencialidades políticas teñen.

Actividade en colaboración co Cineclube Pontevedra