25 agosto 2020

Cinema no xardín: O sétimo selo



setimo

Venres 28 de agosto

Det sjunde inseglet (Ingmar Bergman, 1957, VOSE, 96 min.)
Antonius Block é un cruzado que volta a casa nunha Europa arrasada pola peste, na súa viaxe coñecerá a unha serie de persoaxes que encarnan diversas facetas do ser humano, e mentres tanto, desafiará á propia morte nunha partida de xadrez.
Achégate este venres a ollar este clásico de Bergman a partires das 21h00!
A proxección comeza ás 22h30.
Lembra que o aforo é reducido e asegura o teu oco mandando un mail co teu nome e a data á que asistes a:
cine@liceomutante.com
A entrada nestas sesións de cinema é a vontade, o que ti queiras aportar!
Nesta nova etapa non podemos facer cea para as asistentes, polo que vos animamos a que non pasedes fame e traigades o que queirades papar!
Lembramos que o Liceo Mutante non é un bar, é unha asociación cultural e un espazo sen ánimo de lucro autoxestionado por persoas voluntarias. Vémonos!