28 agosto 2017

Cinema no xardín: Récréations (C. Simon)



recreations

Martes 29 de agosto ás 22.00
RÉCRÉATIONS
Claire Simon, 1998, 55 min.

Cunha pequena cámara á altura de nenas e nenos de tres a seis anos, Claire Simon filma no patio dun parvulario «todos os sentimentos do mundo», mostrando as relacións que se establecen entre as crianzas sen a intervención de persoas adultas: os xogos, as pelexas, a crueldade, as xerarquías de poder.

Que a Claire Simon lle resulte incómoda a definición de «documentalista» non debera sorprender, porque a soa idea de «incomodidade» é o resultado de non estar a gusto nun só dos campos. O seu cinema é o que se volve incómodo cando é forzado a inscribirse nun único territorio, sendo o seu pulo natural o movemento, palabra crucial que explica a predilección da directora por espazos coma o recreo de tensión multicultural de «Récréations», a populosa estación de tren nos dous «films jumeaux», a vertixinosa oficina de «Les bureaux de dieu». Moverse entre mundos e espazos (físicos ou teóricos) semella o antídoto máis provocador que a arte pode inventar para contrarrestar a catástrofe das clasificacións e os guetos culturais e políticos (http://play-doc.com/old/web2015/gl/claire-simon.html) .

Entrada de balde.
A proxección deste filme é posible grazas á colaboración da Alianza Francesa de Vigo e o Instituto Francés do Cinema.

Sesión organizada conxuntamente co Cineclube de Pontevedra