25 agosto 2020

Cinema no xardín: Sesión de curtas



jem

Martes 25 de agosto, Cinema no xardín: Sesión de curtas

Amigas! Este martes 25 voltamos cunha sesión de curtas ben bonita, vai tal que así:
– Quiet Zone (Karl Lemieux e David Bryant, 2016). 14 min, VOSG.
– Junkopia (Chris Marker, John Chapman e Frank Simeone, 1981). 6 min.
– Le Bled (Buildings in a field) (Jem Cohen e Luc Sante, 2009). 13 min, VOSG.
– Trains (Karl Lemieux, 2010). 5 min.

Ás 21:00 abriranse as portas, ás 22:30 comezará a proxección e a entrada será á vontade. Lembrade que o aforo é limitado dada a situación actual polo que, se queredes asegurarvos un asento para ver a proxección, podedes enviar un mail a cine@liceomutante.com co asunto desta proxección e deixando o voso nome.
Nesta nova etapa non podemos facer cea para as asistentes, polo que vos animamos a que non pasedes fame e traigades o que queirades papar!
Lembramos que o Liceo Mutante non é un bar, é unha asociación cultural e un espazo sen ánimo de lucro autoxestionado por persoas voluntarias. Vémonos!