9 agosto 2016

Cinema no xardín: «Sin Dios ni Santa María» , «Malpaís», «Toxos e Flores»



sin dios
fotograma2_0
TOXOS-E-FLORES

Xoves 11 de agosto ás 22.30

«Sin Dios ni Santa María»
(Samuel M. Delgado e Helena Girón, 2015, 12 min.)
Nunhas antigas gravacións sonoras, as voces dos pastores falan dunha existencia mítica, de bruxas e de viaxes. No cotiá dunha muller materialízase a maxia dos seus relatos ao tempo que agarda a chegada da noite. A noite é o momento no que as viaxes son posibles.

«Malpaís»
(Samuel M. Delgado, 2013, 12 min.)
Un home trata de arrancar vida da pedra cuspida polo volcán. Algo cotiá marcado pola hostilidade dunha bela e terrible contorna.

«Toxos e Flores»
(Lucía Vilela, 2016, 4 min.)
Vilela realiza un estudo de luz, cor e forma que combina planos pausados co uso da filmación fotograma a fotograma en super 8 do concello de San Sadurniño. «Arquitecturas naturais, naturezas mortas, espazos de luces verdes e marróns absolutos», traspasados polos ecos atávicos e ancestrais do rural galego.

Entrada de balde!