10 agosto 2020

Cinema no xardín: The Young Ones



young ones

Cinema no xardín: The Young Ones

A partir do 13, os xoves voltamos aos 80s. Dous capítulos (VOSE, 30′ cada un) por día pasando polas dúas temporadas desta sitcom británica que xira arredor de catro universitarios londinenses compartindo piso: o punki Vyvyan, o anarquista Rick, o hippie Neil e o misterioso Mike!

Achégate a lembrar aos Young Ones a partir das 21h00, comezamos as proxeccións ás 22h30 e a entrada será á vontade, o que queiras aportar.

Lembra que o aforo é reducido e asegura o teu asento mandando o teu nome e a data de reserva a cine@liceomutante.com!
Ademáis, ante a imposibilidade dada por esta nova normalidade de facer cea para os asistentes invitamos a quen queira a traer algo para picar!

Episodios por día:
– 13 de agosto: T1 Ep. 1 e 2
– 20 de agosto: T1 Ep. 3 e 4
– 27 de agosto: T1 Ep. 5 e 6
– 3 de setembro: T2 Ep. 1 e 2
– 10 de setembro: T2 Ep. 3 e 5
– 17 de setembro: T2 Ep. 5 e 6