Venres 30 de agosto ás 22.00
Para esta derradeira sesión desta tempada de Cinema no Xardín temos, de novo, unha dupla sesión.
Primeiro, de xeito introductorio, proxectaremos o filme de Chris Marker: A sexta cara do pentágono
A sexta cara do Pentágono (La sixième face du Pentagone, Chris Marker, Francia, 1968, 27′,VOSE)
No ano 1968, Chris Marker realiza un filme no que narra e analiza in situ a marcha cara o Pentágono en contra da guerra do Vietnam nos Estados Unidos.
» Se as cinco caras do Pentágono son impenetrables entraremos pola sexta»
De seguido proxectaremos o documentario Up Agaisnt the Wall, Motherfuckers e contaremos coa presenza dun dos seus directores, Marcos Flórez.
Up Against The Wall, Motherfuckers ( Marcos Flórez, Samuel M. Delgado, José Luis Maire, 2013, 35′,VOSE)
No 2011, Ben Morea -figura chave na contracultura norteamericana dos sesenta aparece en Madrid nun encontro organizado por La Felguera Editores. Pasaron corenta anos dende que o seu rastro se perdese nas montañas de Novo México.
En 1966 fundou a publicación underground Black Mask, na que se mesturaba arte e anarquismo. En torno a ela, formouse un grupo de afinidade bautizado como Up Against the Wall Motherfuckers! As súas accións radicalizáronse progresivamente en consonancia coa lucidez dunhas formulacións que trazaban un camiño propio nun momento dominado polos hippies e as organizacións políticas de nova esquerda.
«Eles, lucían navallas e armas de fogo no Lower East Side de Nova York. Estaban preparados para algo máis.»
Memoria do filme:
Ao decatarnos de que os nosos amigos de La Felguera Editores non só conseguiran contactar con Ben Morea, senón que ían organizar un encontro con el en Madrid; rexistrar este momento xurdiu como un acto reflexo. Isto podía facerse sempre e cando non tomase ningunha imaxe del. Non é casualidade
que sexa practicamente imposible encontrar unha fotografía súa: Morea coidadase de controlar a súa imaxe. Como máis adiante el mesmo nos explicaría,trata de evitar «o culto á personalidade». Non é a persoa o que importa, é a idea.
Pois ben, dese impulso resultou a gravación do audio en bruto de toda a charla e algo que o acompañante de Ben Morea encontrara nun arquivo estadounidense. Un documental que recollía unha acción de Up Against the Wall Motherfuckers! A película, realizada por The Newsreel, chamábase Garbage, e en
ela, o grupo recollía lixo da que se amontoaba nas rúas do Lower East Side de Nova York durante unha folga do persoal de limpeza da cidade para deixala na entrada do museo Lincoln Center. Lixo por lixo, como eles mesmos din. Esta película abriunos un camiño para o que naquelmomento aínda non o sabiamos resultaría da conxunción duns materiais que nos fascinabantanto polo seu interese como documentos, coma pola forma de preciosos achados na que se nos ían presentando.
Como forma de acoutar os elementos que debiamos manexar, decidimos que os materiais debían ter relación directa con Ben Morea e que funcionasen como unha sorte de afluentes que converxerían coa súa vida en distintos momentos. Así,
cada descubrimento era unha experiencia derivada da súa vida. Todo comezou a encaixar, The Newsreel, Robert Kramer, Aldo Tambellini…
O labor de montaxe foi arduo e sempre comprometido nunha franxa difusa entre o explícito e o sutil, sufrindo polo que queda sen contar e tendo en conta que esta película non pode abranguer o mesmo que os libros, nin o pretende.
Negámonos á tentación enciclopédica para xerar unha forma que potencie os materiais dos que nos servimos, para darlles o seu tempo e o seu espazo.
!Asaltamos os vosos deuses… cantamos a vosa morte… ARDEMOS COA REVOLUCIÓN!
Black Mask n. 1, nov. 1966
Entrada de balde