20 agosto 2020

Clube de debuxo da AGPI



agpi

Sábado 22 de agosto ás 11.30

Debuxo de modelo que realizará unha exhibición de Aikido.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de agosto.

A participación nesta actividade é de balde para os socios da AGPI, pedirase un donativo de 2€ ós non socios cos que se remunera o traballo da modelo.

Máis información:
Trala boa acollida que tivo o Clube de Debuxo en Vigo e A Coruña, movémonos cara outras cidades. Nesta ocasión, visitaremos a asociación cultural Liceo Mutante, que leva anos ofrecendo actividades culturais na Rúa Rosalía de Castro, número 100 en Pontevedra. Trátase dun espazo aberto cun xardín no que poderemos debuxar sentados en cadeiras arredor da modelo. A actividade durará 2 horas cun descanso de 10 minutos.
Dado que o Liceo Mutante é un espazo autoxestionado que está a atravesar serias dificultades trala crise da Covid-19, quen o desexe poderá facer un donativo libre destinado a súa subsistencia.

O Clube de Debuxo nace coa intención de realizar unha práctica interesante rodeados de compañeiros, ademais de crear un punto de encontro entre profesionais onde compartir as nosas experiencias e inquedanzas.

O evento, novamente, está dirixido a ilustradores, animadores, debuxantes de cómic e estudantes de ilustración. Non é preciso ser socio da AGPI. O prazo de inscrición remata o 21/08/2020. O aforo é limitado. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

👉 Formulario de inscrición: http://shorturl.at/bgkAL

AVISO IMPORTANTE:
• Recordamos que é imprescindible levar a mascarilla posta durante a duración da actividade. Para máis seguridade, as cadeiras estarán separadas apropiadamente unhas de outras. Pregamos utilicedes tamén o xel desinfectante que poremos á entrada.

• A actividade realizarase o aire libre, polo que recomendamos traer algo para crubir a cabeza en caso dun día moi soleado.

Ilustración do cartel de Laura Cochón