15 diciembre 2012

Comunicado do Liceo Mutante



Como a maioría de socios e amigos sabedes, estamos a experimentar dificultades para desenvolver a nosa actividade habitual debido a unha,a todas luces esaxerada, presión policial
A A.C. Liceo Mutante decidiu en asemblea ter a ben de establecer un proceso de diálogo co Concello de Pontevedra a vindeira semana, coa firme e boa vontade de chegar a unha solución satisfactoria aos nosos intereses e aos

da veciñanza de Pontevedra.
Por razóns alleas ao noso desexo, a actuación de Mujeres e Travesti Afgano queda suspensa. O resto de actividades programadas seguirán desenvolvéndose segundo o esperado ata novo aviso e esperámosvos a todos para pasar un mes de Nadal que ningúen poderá esque
cer.
Dende a asemblea do Liceo queremos poñer de manifesto que a boa relación cos veciños do barrio de Mollabao é unha das nosas maiores preocupacións e tamén unha das chaves do noso traballo. Mostra disto é a colaboración desinteresada de numerosos veciños no mantemento da asociación e a súa involucración no noso día a día. Cremos tamén que a nosa presenza axuda a dinamizar a vida dun barrio como Mollabao que leva sufrindo décadas de abandono social e cultural.
Neste momento e no incerto futuro é moi importante para nós contar con todo apoio popular posible como xa puxestedes de manifesto estes días e polo que estamos infinitamente agradecidos.
Estamos dispostos a chegar a onde faga falta para defender a nosa asociación, o noso espazo e a nosa autoxestión.
“A forza do noso amor non pode ser inútil”
Longa Vida ao Liceo Mutante!!!

Asemblea do Liceo Mutante
en Pontevedra 15 de decembro de 2012