26 agosto 2013

Concerto de Familiar + Jam Cacharrista!



Martes 27 ás 20.30
Esta semana no Liceo temos aos amigos do colectivo sevillano Familiar facendo unha pequena residencia na que nos ensinan como facer instrumentos e distinta cacharrada electrónica.
Para finalizar esta colaboración o martes á noitiña celebraremos unha jam cacharrista na que ruidarán os participantes do obradoiro cos seus flamantes cacharros novos + o colectivo Familiar.

Ademais desta improvisación colectiva os propios membros de Familiar darán un concerto na que nos amosarán a súa faceta musical orientada cara a electrónica menos acomodada

http://famfest.info/

https://vimeo.com/user3424735

Entrada de balde