Negro é o proxecto persoal do músico valenciano Fernando Junquera, ex membro de formacións como Balano, Salchicha ou Estrategia Lo Capto ademais de fundador dunha orquestra de improvisación conducida cos membros de Za! coñecida co nome de Orquesta del Caballo Ganador.
Neste proxecto que ven presentar por vez primeira a Galiza mostra o seu gusto polos contrastes, as atmósferas violentas, o caos sísmico e os armónicos imperfectos, nunha sorte de free blues fermoso e marabilloso, do que, certamente Russolo estaría orgulloso.
http://www.myspace.com/negritud
Para ir abrindo boca proxectaremos o filme de Nicolas Humbert e Werner Penzel sobre o guitarrista británico Fred Frith, Step Across the border (1990, Alemania, Suiza, 90′, VOSE)
http://www.youtube.com/watch?v=4_vm1dUpXTM
Todo isto por só tres euros
Step Across The Border: 20:30
Concerto de Negro: 22:00
Cartaz de Berto Fojo