29 mayo 2013

Convite aberto para participar no proxecto Funkausstellung de Pit Noack



Hai dúas formar de participar:
A) Madar unha mostra sonora directamente a : mail@pitnoack.de
B) Pasarte polo Liceo os días da instalación (30 e 31 de maio e 1 de xuño) e gravar algo no estudio portátil que estará alí instalado

Non son requeridas habilidades musicias. Ademais é apto para todas as idades!

A idea básica do proxecto é o desenvolvemento dunha instalación sonora nun proceso social que involucre a tantas persoas como sexa posible. Posteriormente, hai dous elementos constitutivos en xogo: por unha banda, a instalación vai ser construída a partir de compoñentes de alta fidelidade de segunda man, pola outra banda, vai seguir un principio compositivo controlado polo azar, utilizando fragmentos de son achegados polos participantes no proceso.

Para levar a cabo o proxecto, daráselle a opotunidade á xente de proporcionaren material sonoro. Durante a exposición, tamén haberá a oportunidade de gravar sons nun estudo móbil que será construído no Liceo Mutante. As decisións relativas á natureza da contribución de cada son deixase á libre elección dos participantes e non se requiren habilidades musicais. En oposición ás pezas musicais arranxadas e finalizadas cunha certa densidade sonora, todos os sons individuais ou secuencias producidas por instrumentos acústicos, electrónicos, ferramentas ou artigos de uso diario serán benvidos. Polo tanto, as dinámicas e a densidade sónora serán producidas pola continuidade do proceso e a crecente estrutura da instalación sobre a base de combinacións aleatorias coas outras contribucións.

Empregando un programa informático desenvolvido en exclusiva para o proxecto, produciranse dúas pistas estéreo individuais utilizando estes fragmentos, que logo serán trasladadas á un CD ou casette. Durante a exposición, os sistemas de alta fidelidade instaláranse pouco a pouco, e reproducirán gravacións de son individuais. Os equipos de son individuais soarán de forma permanente, mentres que as pistas estéreo individuais conterán sobre todo silencio, intercalado con fragmentos de son seleccionados ao azar. Polo tanto, o obxectivo non é encher o espazo coa densidade máis alta posible dos sons, senón crear un campo sonoro espacioso, dinámico e diverso. Dado que os soportes de son individuais non están sincronizados e se cambian regularmente, os fragmentos será postos perpetuamente xuntos para producir novas e sorprendentes formacións, que a miúdo soan coma se tivesen sido compostas. Esta composición aleatoria interminable resulta moi entretida.

O principio aleatorio de composición emprega o feito psicolóxico de que a percepción humana está constantemente na busca de regularidade e estrutura – e voluntariamente tenta descubrilas aínda incluso cando os motivos accidentais son dominantes. Compositores contemporáneos como John Cage, quen usou este principio aleatorio, cuestionaron a noción da autoría dunha obra porque o así chamado autor e a “súa” obra está sumido nunha rede de referencias e tradicións culturais. Nada nesta rede é consciente ou elemental rudimentario porque cada elemento basea os seu propio valor ou importancia, só pola súa relación dos demais elementos obtidos. Dende esta perspectiva, non é posible definir claramente un autor ou unha obra. O “autor” dunha composición aleatoria, está, de feito, fixando as regras que producen a composición. Desta forma, pode resultar sorprendido polos resultados da súa propia obra, como calquera outro oínte, e polo tanto converterse en en receptor da súa propia productividade.

Neste proxecto participaron xa máis de 160 persoas entre elas músicos como Eric Boros, Alan Courtis, Antoine Cheesex, Crank Sturgeon, Liz Allbee, Brian Day ou George Cremaschi entre moitísimos outros.

Máis información (en inglés): http://www.pitnoack.de/funkausstellung

O proxecto contará cun concerto a cargo do propio Pit Noack o venres 31 de maio