4 febrero 2016

Cora Sayers + Querido Extraño



cora

Este sábado no Liceo temos xentiña local do Rock’n’Roll. Pontevedra city is burning, rapaces. Atendede:

Por unha banda Cora Sayers presenta o seu primeiro LP, «I’m Home», un compendio de perlas ensanguentadas de rock 90s, blues moderno e soul singing que desembarca no Liceo para limpar a ría de calquera ameaza contaminante a base de riffs férreos e voz áurea. Lume e xeo. Veleno e canela. Sentido e Sensibilidade. Crimen e Castigo. Todo con xeito e intensidade.

https://corasayers.bandcamp.com/
https://www.youtube.com/watch?v=7DsLdOWwPQc

Pola outra banda, Querido Extraño volta á nosa casa a dar un seminario de pantanoloxía blues, folk de taberna portuaria, pop filomod, psychobilly acústico e, bueno, todo en xeral. Ollo que o mesmo lle ten cascarse unha dos Misfits que de 13th Floor Elevators ou un clasicazo de George Gershwin. Non lle ten medo a nada.

https://queridoextranho.bandcamp.com/

Todo por 5 pavos que van directos ás bandas, para que podan seguir rockeando no mundo libre.