17 julio 2019

Corbi e Turbante



corbi

Venres 19 de xullo ás 20.30

Estes dous proxectos coñécense ben, colaboraron xuntos noutras bandas como Montclair ou Matadero. Desta vez veñen en proxectos separados, pero van crear algo colectivo, unha colisión entre a fraxilidade e o abrupto, entre a intimidade e o volume como recurso.

Turbante son Joni e Solla, terrorismo drone-ambient, pinceladas de noise e besos na escuridade. Séntanse arredor dos amplis e dos pedais, acenden os proxectores de 8mm e deixan soar as súas guitarras, para que levites nun mar de presión sonora mentres te amosan proxeccións sobre o cotiá da vida. Xogan coas intensidades, co desagradable e coa beleza, e ensínante a escoitar as historias das persoas que protestan nas rúas.
Van presentar un disquiño novo, feito por eles e autoeditado, do cal podes escoitar un extracto aquí:

https://turbante.bandcamp.com/releases

As cancións creadas por Corbi móvense entre a fraxilidade, a dozura, o berro intanxible e o caos melódico. Nas súas letras podemos escoitar ó máis mínimo detalle o inexorable das cousas/relacións cotiás, onde cada intre é unha peza fundamental para coñecer máis de cerca as nosas emocións, eses pensamentos nos que non adoitamos reparar, pero que amosan un universo no seu interior. Só precisa unha guitarra e a súa voz para crear os seus universos, escoita algunhas pezas que ten!:

Como de costume, pediremos un donativo entre 5 e 10 euros, íntegro para as bandas, para que poidan seguir creando cousas bonitas!