13 mayo 2016

Cró! + Sonnov



cro

Sábado 14 de maio

Cró! veñen rodar os temiñas novos do que será o seu 4º disco, resultante de moito
pegamento esnifado e intrincadas consultas á revista Jara y Sedal, levan moito tempo sen saír do local de ensaio así que non sexades moi duros co seu fedor e a evidente desactualización no seu look, moi desenfadado e espontáneo, moi dos 2000… Música nova e son novo froito do desgaste e erosión do equipo, que gardan nun galpón marítimo a mercé das mareas. Cró! arrasan, derrúen, aniquilan, saquean, compróbao ti mesmx e leva a todos os teus coñecidos, incluíndo o teu veciño o que está estudando para boticario este sábado ao Líceo.

Escóitaos aquí: https://spacecro.bandcamp.com/

Sonnöv veñen dende Madrid presentando o seu último disco «Caballo Perdedor», un cabalo do bo, do que había antes… como o dos 80… Post­rock instrumental e con visuais, tamén do bo, arrasada sonora capaz de tirar a embaixada de Estados Unidos en Irán, un soniquete saboroso tan grato como rascarse onde pica, un ritmo tan suculento como o ostiazo que lle meteron a Berlusconi, acordádesvos? uns visuais tan exquisitos que vos farán esquecer a última alteración á Constitución, unha xente tan boa que á beira deles Gandhi é un yonki sodomita, ve e cóntao, Sonnöv, como o Avecrem para os vosos pratos…

Escoita a estes benditos aquí: https://sonnov.bandcamp.com/

Achega exigua de 5 rupias, etiqueta imprescindible dende logo, na catedral musical galega que é o Liceo Mutante ás 20:30, repartide amor foder!!